Ven a jugar a Waterpolo con nosotros!

martes, 19 de agosto de 2008

IV Campus de Actividades Acuáticas Cidade de Pontevedra



O Club Natación Pontevedra organiza por cuarto ano consecutivo o Campus de Actividades Acuáticas Cidade de Pontevedra, no cal ensinarase a nadar ós máis pequenos e perfeccionaranse os estilos de natación dos que xa saben nadar, ademais de introducilos no waterpolo.

Este campus estará dirixido por licenciados en Educación Física e Adestradores Nacionais de Natación, cun equipo técnico dos mellores de Galicia. Os adestradores do Club Natación Pontevedra posúen unha alta experiencia na ensinanza e adestramento da Natación e o Waterpolo, conseguindo n@s rapac@s unha rápida e eficaz aprendizaxe das dúas disciplinas, sempre a través de métodos pedagóxicos e lúdicos, facendo do xogo un recurso moi valioso, co que o neno ocupará a súa mente e pouco a pouco irase introducindo no medio acuático, fixando conductas seguras que lle axudarán a consegui-lo obxectivo final: NADAR.

Por outra parte, o IV Campus de Actividades Acuáticas Cidade de Pontevedra segue sendo o único en Galicia da súa clase, xa que nel conxúganse aprender a nadar, o perfeccionamento da natación e a iniciación ó waterpolo.

Non só ofrece a posibilidade de aprender a nadar, algo imprescindible hoxe en día, senón a introducción no deporte. A Natación é un dos deportes máis completos e saudables que hai: fomenta a aprendizaxe e o dominio das habilidades motrices acuáticas, adóptanse hábitos de hixiene e saúde, apréndese a disciplina, a responsabilidade e a capacidade de autosuperación, tan importantes na vida diaria. O Waterpolo é un deporte que combina os beneficios dos deportes acuáticos e dos deportes colectivos. Ademais de aprender a desenvolverte na auga, con todo o bo da natación, aprendes a traballar en equipo, a sacrificarte polos demais, a ser solidario cos outros e respectar ós teus compañeiros e contrarios.

Outros dos beneficios dos Deportes Acuáticos son:
- coñecer xente e facer novos amigos.
- conseguir unha boa forma física e un bo estado de saúde.
- aprender a tomar decisións, a saber gañar e perder, a competir e colaborar, a organizarse...

Os participantes pasarano moi ben xa que aprenderán mediante xogos. @s nen@s tamén contarán coa presencia de deportistas pertencentes ó clube organizador, recoñecidos a nivel galego e nacional, cos que intercambiarán impresións, positivas para a axeitado aprendizaxe da actividade en cuestión.

Ó remata-lo campus terán a posibilidade de inscribirse na Escola de Actividades Acuáticas do Club Natación Pontevedra, así coma nos grupos de adestramento de Natación ou Waterpolo.

¡¡Date presa, hai prazas limitadas por orde de inscrición!! Se o teu é a auga… ¡veralo claro!

¡¡¡APÚNTATE!!!

Obxectivos:
- Facer que @s nen@s pasen un mes de diversión na auga aprendendo os deportes da Natación e o Waterpolo.
- Familiarizar ós nen@s co medio acuático.
- Ensinar ós nen@s a nadar e/ou as nocións básicas do waterpolo.
- Aprende-las habilidades básicas dun deporte de equipo coma o waterpolo: desprazamentos, pases-recepcións, lanzamentos, etc.

Ofrecemos:
- Máis de 40 horas de adestramento, combinando aprendizaxe teórico-práctica con diversión.
- Grupos de aprendizaxe de natación para aqueles nen@s que non saiban nadar. E para aqueles nen@s que xa saben, grupos de perfeccionamento da natación e iniciación ó waterpolo
- Máximo de 8 nadadores por monitor nos grupos de iniciación.
- Participación de nadadores de categoría nacional.
- Introducción ó traballo postural.
- Clases teóricas (charlas, vídeo, presentacións) e prácticas.

Datas: do 1 ó 30 de Setembro de 2008

Horarios: de 16:00 a 18:00 h, de luns a venres (os grupos de iniciación serán de 1 h, dependendo do nivel d@ rapaz/a)

Lugar: Piscina Municipal de Campolongo

Idades: iniciación: de 4 a 8 anos
Perfeccionamento (natación e waterpolo): de 7 a 14 anos

Importe: 45 Euros

Forma de pago: ingresa-la cantidade en CAIXANOVA (oficina Mercado, R/ Sierra) CC: 2080 0405 44 0040105265 Entregar copia do resgardo bancario co nome do/a nen@, xunto coa ficha de inscrición na oficina do Club Natación Pontevedra ou na Parafarmacia M. Dolores Fraguas (R/ Rosalía de Castro, 1 Local 4)

Máis información:
Oficina do Club Natación Pontevedra: R/ Padre Fernando Olmedo s/n, Estadio da Xuventude (Centro Galego Tecnificación Deportiva), de luns a venres de 17:15 a 20:00.
Teléfonos: 986 84 38 33 • 658 607 728 • 609 858 565 ou 647 725 601


No hay comentarios:

Club Waterpolo Pontevedra

Dirección Postal: Apartado de Correos 474, 36080 Pontevedra

T. 619707810

M. info @ waterpolopontevedra.com

W. waterpolopontevedra.com